A TENDA DE IND

A partir de agora, ademais de no noso local (Rúa das Camelias, 49, escaleira, Vigo), tamén podes adquirir os productos de IND a través da nosa web. Só tes que escribirnos, indicando os productos que desexas (especificando a cantidade e, se se trata de camisetas, a taia), o teu nome e o teu enderezo postal. Recibirás os productos por correo e podes pagar por transferencia bancaria. Indicarémosche como por correo electrónico. Se es socia/o, indícao ao facer o pedido e poderás pagar a túa compra no recibo do seguinte mes.

A NOVA AXENDA DE IND ESTÁ NA RÚA!!

Presentamos a nosa Axenda do Desenvolvemento para o ano 2008.

Este é xa o cuarto ano consecutivo no que Implicadas lanza a súa axenda, nesta ocasión, dedicada ao proxecto UDP Tiruchy, un proxecto que acaba de rematar e que foi transferido á comunidade, que agora o xestiona de xeito autónomo. Nela atoparedes contidos moi interesantes sobre esta temática, ademais dunha axenda xeitosa, práctica e ecolóxica, porque está feita en papel reciclado.

Podédela ir encargando por correo electrónico (info@implicadas.org). Tamén estarán á venda en tendas de comercio xusto e nos locais do STEG. O prezo é de 10 €.

 

Postais Axenda Camisetas
Chapas Chisqueiros Paraugas
Libros    

 

 

 

 

 

 

 

 

POSTAIS

Ideais para felicitar calquera ocasión especial, dende o Nadal ata un aniversario. As fotos están sacadas nos distintos proxectos de IND e as súas contrapartes en Karaikal e Tiruchy, na India, e en Etiopía, por Paco Vila e polo primeiro grupo do ciclo formativo Vanakkam. As ilustracións son de Xulia Barros e aparecen no libro editado conxuntamente por IND e Edicións Xerais de Galicia, O son das buguinas.

O prezo é: 1 postal, 1 €, 10 postais, 6 €.

v01

v02

v03

v04

v05

v06

v07

v08

v09

v01

v11

v12

h01

h02

h03

h04

h05

h06

h07

h08

h09

 

Subir

 

 

 

 

AXENDA 2008

Este ano, IND dedica a súa axenda ao proxecto de desenvolvemento UDP Tiruchy. O prezo é de 10 €, mide 13 x 9,5 cm, ten 250 páxinas e está feita en papel reciclado.

 

Subir

 

 

 

 

CAMISETAS

As camisetas de manga curta custan 12 € e as de manga longa, 16 €. Consulta a dispoñibilidade de taias (XS, S, M, L e XL), modelos e cores.

UNISEX

1

2

3

4

5

6

7

8

9

MOZA

10

11

 

 

Subir

 

CHAPAS

As chapas están feitas en Galicia por traballadores independentes. As pequenas custan 1 € e as grandes 2 €. As cores dispoñibles son laranxa, amarelo e verde... polo de agora!

 

 

Subir

 

 

CHISQUEIROS

Os chisqueiros son electrónicos e recargables (máis ecolóxico, porque xera menos residuos). Custan 1,20 €

 

 

Subir

 

 

LIBROS

Dentro do marco do seu labor de sensibilización sobre as realidades do Sur, os problemas que padecen os países empobrecidos e as causas que os orixinan, IND iniciou a publicación dunha serie de libros en colaboración con diferentes editoriais galegas. Os libros pódense mercar en calquera libraría, no noso local ou encargar por correo electrónico.

O son das buguinas

Xerais Infantil e Xuvenil
120 páxinas
P.V.P: 20 €

Un libro e DVD solidarios promovidos por Implicadas/os no Desenvolvemento (IND) como resposta á tsunami do 26 de decembro de 2004 que provocou a morte de máis de 300.000 persoas. Un material literario e audivosual que pretende axudar a reflexionar ao público xuvenil galego sobre as consecuencias desta catástrofe.

IND viña traballando desde 1998 en Tamil Nadu, un dos estados máis azoutados polo maremoto. Realizou un chamamento solidario a diversas/os narradoras/es co obxecto de editar un libro solidario que axudase a reflexionar ao público xuvenil galego sobre as tráxicas consecuencias desta catástrofe. Froito daquel chamamento é O son das buguinas, un produto editorial conformado por un libro de sete relatos (ilustrado por Xulia Barros) e un DVD. O volume inclúe os relatos de Marilar Aleixandre (No lombo do río elefante), An Alfaya (Fiu, o paxaro de canto fino), Fran Alonso (A guerra), Rosa Aneiros (Ver os paxaros voar), Agustín Fernández Paz (Lúa do Senegal) , María Reimóndez Meilán (O ventre do mar) e Dolores Ruíz (O canto do papani), ademais dunha introdución, titulada O son das buguinas, textos que conforman unha proposta de literatura comprometida, unha buguina que fala da alternativa, da posibilidade real de chegar á Pobreza 0 para toda a humanidade. O DVD, que acompaña ao libro, preparado por Francisco Vila Barros, inclúe un documental (8’30’’) sobre o labor de IND en Tamil Nadu (India) e Addis Abeba e North Wollo (Etiopía), unha curta de animación (4’30’’) sobre o labor das ONGs e as políticas de voluntariado e cooperación, un documental (7’30’’) sobre a tsunami e un xogo interactivo (Pensa e actúa) sobre a cooperación.

Tanto Edicións Xerais como as escritoras e escritores que fixeron o libro posible participaron de xeito totalmente desinteresado.

 

Vanakkam / Benvidas

Galaxia
90 páxinas
P.V.P: 10 €

Un libro e CD solidarios promovidos por Implicadas/os no Desenvolvemento (IND) que recolle poemas de autoras tamiles (Andal, Kutti Revathi, Malathi Maithri, Salma e Sukirtharani) e galegas (Marilar Aleixandre, Yolanda Castaño, Marta Dacosta, María do Carme Kruckenberg, Yolanda López, Chus Pato e María Reimóndez).

Para Implicadas/ os no Desenvolvemento este libro resume en forma de poesía unha maneira de traballar para cambiar o mundo na que nos levamos esforzando xa durante dez anos. A nosa organización traballa dende a súa fundación en 1998 a prol dun mundo onde a cidadanía do norte en xeral e galega en particular entenda a súa incidencia directa sobre a vida de millóns de persoas que viven na pobreza extrema. En todo este tempo,son moitas as pontes e as vías de acción que levamos establecidas, pero se dúas cousas nos caracterizan ademais especialmente son o noso compromiso de xénero e o noso afán por implicar a cultura neste proceso como parte fundamental do cambio. As poetas tamiles que participan neste libro son tamén unha voz que racha cos estereotipos occidentais sobre “a muller india”. Son voces rotundas, libres e liberadoras que ao poñerse en harmonía coas nosas poetas galegas fan que o berro transcenda as fronteiras nun auténtico afán de sonoridade.

Tanto a Editorial Galaxia como as poetas que fixeron o libro posible participaron de xeito totalmente desinteresado. Agradecemos tamén á Radio Galega a súa colaboración na gravación do CD co audio dos poemas.

Subir