SIDHUR Anantapurna ― 2001-2003

No programa SIDHUR traballamos coa organización local REDS no mandal de Mudigubba, distrito de Anantapurna, estado de Andhra Pradesh, situado no sur da India. A poboación beneficiaria ―333 familias, cun total de 1.432 persoas― foi principalmente de castas e tribos intocables ou das máis baixas. O distrito de Anantapurna sofre moitísimo as consecuencias das secas, o que supón fortes migración ás cidades, ata do 20% da poboación.

AFORRO E MICROCRÉDITO
Nos grupos de autoaxuda as mulleres se organizan en xuntanzas democráticas, xestionan os cartos aforrados e se conceden créditos a baixo interese para iniciativas persoais e profesionais. Deste xeito aumenta a súa implicación na vida da comunidade e o recoñecemento social. A riqueza creada permanece na comunidade e aumenta a medida que se van devolvendo os créditos, garantindo así a perdurabilidade dos programas.
O rematar o programa, os grupos estaban capacitados para tomar decisións sobre as actividades de desenvolvemento de cada aldea e tiñan no seu poder 1.186,25 € (49.427 rupias)

             Un grupo de mulleres baila nunha
             celebración.


EDUCACIÓN

Clases de apoio
Estas clases están dedicadas a mellorar o rendemento escolar das nenas e nenos escolarizados, que sofren as consecuencias da súa situación económica, familiar e social. Pero nelas aprenden tamén canto, baile, pintura, deportes, educación ambiental e sanitaria. A media de asistencia foi de 279 estudantes de castas diferentes.

Este programa inclúe unha campaña de sensibilización coas familias para paliar o abandono escolar.

Ó rematar o proxecto, a taxa de abandono escolar pasou do 34% ó 10% e o 70% das nenas e nenos aproban os seus exames na escola.

Dúas nenas que deixaran a escola e agora
asisten ás clases de apoio.

Clases de apoio para as nenas e nenos que abandonaron a escola
Coma media o 80% de tódalas rapazas e un grande número de rapaces que abandonaron a escola asisten ás clases. O contacto coa animadora é permanente para mellorar as súas capacidades, con especial énfase en linguaxe, matemáticas, ciencias naturais e actividades extracurriculares como a pintura, o canto, o baile, a educación ambiental e sanitaria.

Clases de educación para mulleres adultas
A alfabetización de mulleres é fundamental e vai ligada a outros programas, como o de capacitación e o de grupos de autoaxuda. A asistencia foi elevada (ata o 65% das mulleres), menos na época de seca, debido á emigración.

Campañas de sensibilización en educación
Leváronse a cabo campañas sobre a importancia da educación nas que participaron 785 persoas, entre elas expertas/os de institucións e mestras/es convidados.

Muller das clases de
alfabetización para adultas.

Esta actividade reforza a sensibilización da comunidade sobre a importancia da educación. A resposta é positiva: a matrícula nas escolas aumentou, o abandono escolar baixa, e as familias deciden deixar ás nenas e nenos na aldea coas persoas maiores no caso de ter que emigrar.

Bibliotecas
Establecéronse pequenas bibliotecas con libros de contos e xornais en tódalas aldeas para crear hábito de lectura. Comezaron para apoiar as iniciativas educativas e pasaron a estar dispoñibles para toda a comunidade.


SANIDADE

Campañas de sensibilización sanitaria
Leváronse a cabo 30 campañas nas que se repartiron folletos e posters en tódalas aldeas e participaron 875 persoas, entre elas, persoal médico e sanitario especializado. As campañas foron sobre: a tuberculose, VIH/SIDA, saúde e hixiene e coidados materno filiais.

A comunidade adquiriu o hábito de buscar asistencia médica en caso de problemas sanitarios e o de debatelos nos grupos. Tamén aprendeu a xestionar certos aspectos sanitarios e de hixiene de maneira autónoma.

Campos sanitarios
Tras unha campaña de identificación dos problemas sanitarios da comunidade, organízase un campo temático ou xeral no que participa persoal médico e sanitario voluntario que trata os casos máis rutinarios. Os máis graves derívanse a hospitais. Tamén se distribúen medicamentos para quen os necesita.

A asistencia de beneficiarias/os é masiva. Algúns dos campos organizados foron de vacinación, de xinecoloxía e cancro, etc.

Campo sanitario de vacinación.

Formación para voluntarias sanitarias comunitarias
20 parteiras tradicionais asistiron a este curso impartido por unha enfermeira dun hospital gobernamental para ampliar a súa formación na asistencia de partos e para encargarse doutros temas sanitarios. Tamén participaron as/os 10 animadoras/es e 2 membros do persoal de oficina.


ORGANIZACIÓN COMUNITARIA

Formación en calidades de liderazgo
Realizáronse cursos sobre o papel e as responsabilidades dos membros electos dos grupos, sobre os programas gobernamentais para grupos e sobre cómo levar a contabilidade e motivar ás integrantes para o aforro e a devolución de empréstito.

Campaña de sensibilización sobre dereitos humanos
Leváronse a cabo tres campañas (dereitos humanos, casta e xénero) impartidas por expertas convidadas nas que participaron 178 persoas. Como resultado, as persoas de casta alta asisten a xuntanzas coa comunidade, permiten que a comunidade extraia auga das bombas comúns e debaten en común.

        Esta muller pediu un microcrédito
        para poñer un posto de froita na
        parada do autobús.


ACTIVIDADES ECONÓMICAS

Recuperación de terras
A terra que cultivan as comunidades intocables e pobres é a máis estéril e seca. Para paliar esta situación, leváronse a cabo actividades de recuperación en 6 aldeas, en beneficio de 72 familias. Retiráronse das vías pedras que se utilizaron para levantar muros e acondicionáronse as terras para o cultivo.

Créditos
Concédense créditos brandos para a adquisición de gando (ovino e bovino) e a apertura de pequenas tendas. Deste xeito decenas de familias poden mellorar e regularizar os seus ingresos.


COLABORACIÓN

Durante a aplicación do proxecto, REDS colaborou con numerosas institucións, organizacións tanto gobernamentais como non gobernamentais para o beneficio da comunidade.