Proxectos de cooperación

A filosofía de IND nos seus proxectos de cooperación se podería resumir e simplificar no coñecido dito do peixe e a cana de pescar. Non queremos nin cremos na creación dunha relación de dependencia coas comunidades, polo que os nosos proxectos son sempre limitados no tempo (normalmente entre tres e seis anos) e as iniciativas das que constan son sempre perdurables. É dicir, que tódolos programas que iniciamos están deseñados de xeito que, unha vez postos a rodar e en bo funcionamento, non precisarán da nosa axuda nin dos nosos fondos para seguir dando resultados. Todo queda en mans da comunidade.

Actualmente, IND está levando a cabo catro proxectos:

  • Dous na India: un de desenvolvemento urbano na cidade de Tiruchy, no estado de Tamil Nadu e outro en Karaikal, na costa do mesmo estado e que xurdiu despois da tsunami de decembro de 2004.
  • Dous máis en Etiopía; un en Addis Abeba e outro no estado de North Wollo.

Ademais, entre os anos 2001 e 2003, finanzamos un proxecto de desenvolvemento rural no estado de Andra Pradesh, tamén no sur da India e outro de desenvolvemento urbano en Tiruchy, entre 1998 e 2000.

Para obter máis información sobre calquera deles, pica nos seguintes enlaces. Ademais, podes obter todo tipo de documentación sobre os proxectos e tamén sobre IND na sección do arquivo.

PROXECTOS REMATADOS

UDI Tiruchy (India) ― 1998-2000
SIDHUR Anantapurna (India) ― 2001-2003

PROXECTOS EN MARCHA

UDP Tiruchy, India
Addis Ababa, Etiopía
North Wollo, Etiopía
Karaikal, India