UDP Tiruchy
Tiruchirapalli (Tiruchy) está situada no estado de Tamil Nadu. A cidade rolda os 750.000 habitantes e a área metropolitana ten algo menos de 2.500.000. No proxecto traballouse coa poboación de 10 suburbios. O programa abrangue todos os sectores e problemas da comunidade, pero pon énfase na superación da discriminación das mulleres: é o chamado enfoque de xénero.
As seguintes son algunhas das accións que estamos a levar a cabo no proxecto:
Concurso-exposición Voces desde Tiruchy
Esta actividade constou de dúas partes. Na primeira fíxose un concurso entre a comunidade beneficiaria con distintas modalidades (relato escrito, relato oral e debuxo) e categorías (nenas/os das clases de apoio, os clubs medioambientais e as escolas de tránsito, mulleres das clases de alfabetización, persoas con discapacidade e traballadoras/es do proxecto) no que as/os participantes tiñan que expresar o que significou na súa vida o entrar a formar parte do proxecto.
Na segunda parte, fíxose unha exposición cos traballos ganadores que recorreu e está a recorrer Galicia, levando as súas voces propias á nosa comunidade.
XÉNERO
|
Un neno participa no concurso de relatos
orais. |
Enquisa entre as mulleres
Unha enquisa porta por porta para obter datos fiables sobre a situación das mulleres que permita unha actuación axeitada. As enquisadoras recibiron formación sobre como realizar o seu labor.
Sensibilización sobre dereitos das mulleres
Debido ás numerosas violacións dos dereitos da muller detectadas na fase de análise, se creou un programa específico para tratar este problema. Se realizan xuntanzas mensuais en tódolos suburbios coa colaboración de activistas, traballadoras sociais, policías, avogadas e estudosas feministas.
Centro de atención a mulleres
Na oficina do proxecto, hai unha traballadora cualificada para axudar ás mulleres nos seus problemas, poñéndoas en contacto con programas gobernamentais de axuda, asesoría legal, etc. Ademais, esta traballadora está en contacto permanente coa “Comisaría de mulleres”, para casos de abusos, maltrato, violación, etc.
 |
Nenas e nenos dunha escola de tránsito. |
EDUCACIÓN
Clases de apoio para nenas e nenos
Unha traballadora de base dá clases de apoio polas tardes para mellorar o rendemento escolar. Tamén hai manualidades e actividades deportivas e, o máis importante, xuntanzas coas familias para implicar a nais e pais. Deste xeito, agardamos conseguir a primeira xeración escolarizada.
Programa de alfabetización para adultos
Está enfocado principalmente ás mulleres e se adapta ao horario que o grupo acorda como máis axeitado para elas. As rapazas novas reciben especial atención para que podan aprobar a reválida e seguir estudando.
Escolas de tránsito
Nunha acción conxunta co
goberno, IND e PDI xestionan as chamadas escolas de tránsito. Nelas, nenas e nenos que deixaran a escola para traballar, teñen dous anos para recibir unha formación que lles permita recuperar o nivel escolar correspondente á súa idade e reintegrarse na educación formal. Ao mesmo tempo, as súas familias reciben un subsidio pagado polo goberno, de xeito que compense a perda de ingresos pola escolarización da nena ou neno.
SANIDADE
|
Familia beneficiaria do programa de
planificación familiar. Con tres fillos
abondoulles. |
Campañas sanitarias
Campañas informativas en cada suburbio sobre hábitos de hixiene e prevención: uso de compresas, prevención de enfermidades e control de natalidade mediante o uso de condóns.
Formación de voluntarias sanitarias comunitarias
Cursos de formación para 30 voluntarias que sirvan como vínculo entre a comunidade e o proxecto no eido sanitario. Os campos de formación son a promoción da saúde (vacinas), prevención (nutrición, atención pre e postnatal, e control da natalidade) e curación (atención sanitaria precoz, uso dos hospitais, evitar a automedicación)
Organización de campos sanitarios
Campos sanitarios trimestrais coa colaboración de persoal facultativo voluntario (pacientes xa identificados). Distribución de medicinas e derivación a hospitais dos casos máis graves.
 |
Este rapaz é
beneficiario do
programa para persoas con
discapacidade. |
CAPACITACIÓN, AFORRO E XERACIÓN DE INGRESOS
Apoio a persoas con discapacidade
Mediación entre estas persoas (65 en total) e os planos de axuda do goberno.
Formación de grupos de aforro e microcréditos
Ata este momento o proxecto creou 24 grupos que reúnen a 473 mulleres. Nos grupos de autoaxuda, as mulleres organízanse en xuntanzas democráticas, xestionan os cartos aforrados e se conceden créditos a baixo xuro para iniciativas persoais e profesionais. Deste xeito aumenta a súa implicación na vida da comunidade e o recoñecemento social. A riqueza creada permanece na comunidade e aumenta a medida que se van devolvendo os créditos, garantindo así a perdurabilidade dos programas.
Formación e xeración de ingresos para mulleres
É unha prolongación da acción anterior, mediante cursos de capacitación con cota simbólica. Tamén se farán inxeccións económicas para evitar a usura que padecen as mulleres que queren iniciar un negocio.
ENTORNO
 |
| Nenas e nenos dun club medioambiental. |
Clubs ambientais
A penosa situación do entorno dos suburbios contribúe á propagación de enfermidades como a malaria, transmitida polos mosquitos, e a diarrea. Estes clubs formados por 10 nenas e nenos en cada suburbio serven para implicar á poboación máis nova nestes problemas e animar a que conciencien á súa vez ás persoas adultas. Todo o que se aprende é de xeito lúdico e participativo, de maneira que as nenas e nenos percíbeno coma un xogo do que quere facer partícipe aos demais.
|