Empoderamento de mulleres cabeza de familia. Addis Ababa, Etiopía.
Debido á emigración masiva, o nivel de pobreza nas grandes cidades como Addis Ababa aumenta con rapidez. Nas áreas urbanas, sobre todo en Addis Ababa, a pobreza nas casas cunha muller como cabeza de familia é ata un 15% superior a aquelas cun home á fronte.
A pandemia da SIDA está minando o grupo produtivo do país: calcúlase que un 10,6% da poboación adulta do país é seropositiva.
Cómpre sinalar tamén a maioría dos 27 millóns de pobres de Etiopía son mulleres.
 |
| Unha rúa de Addis Ababa |
SITUACIÓN DA POBOACIÓN BENEFICIARIA
A nosa contraparte –a Organization for Prevention, Rehabilitation and Integration of Female Street Children (OPRIFS)– traballa desde o ano 2000 con nenas da rúa dos woreda 2 e 14, coñecidos tamén como Piazza e Filwuha, nos que viven 100.000 persoas. Nestas zonas hai un grande índice de consumo de drogas, abusos sexuais, prostitución de menores, etc.
Na actualidade, 200 nenas de entre 7 e 18 anos reciben apoio educativo, servizos sanitarios, titoración, recreación, formación, reunificación coas súas familias e un refuxio temporal para nenas da rúa sen fogar.
En xeral os problemas da zona de traballo son o desemprego, as condicións de traballo precarias das mulleres, mala vivenda, explotación infantil, medio insalubre e pobreza extrema.
 |
| Un posto nun mercado de Addis Ababa |
OBXECTIVOS XERAIS
O obxectivo a longo prazo é empoderar ás mulleres para que poidan saír da súa situación de precariedade e polo tanto crear un ambiente familiar e social no que as nenas poidan cubrir as súas necesidades básicas e onde se poidan respectar os seus dereitos.
ACTIVIDADES
Formación
- Recollida de datos básicos do grupo.
- Identificación dos maiores ocos en formación e contacto con formadoras/es para organizar cursos.
- Organización do curso de formación (lugar, materiais, etc.).
- Seguimento dos plans de negocio e avaliación do mercado para o grupo.
- Planificación de cursos de actualización cada 6 meses.
Planificación familiar
|
Algunhas das nenas,
reunidas no patio. |
- Presentación do proxecto ao departamento de sanidade e as axencias implicadas.
- Asignación de un/ha integrante do persoal a este contido.
- Planificación, organización e mobilización das mulleres e rapazas para a educación sanitaria.
- Compilación de materiais para saúde reproductiva e planificación familiar.
- Distribución de anticonceptivos.
- Organización de xuntanzas con profesionais da planificación familiar.
Micro crédito
- Establecementos de acordos con tres entidades de micro crédito que operen en Addis Ababa.
- Organización dun seminario de orientación e presentación das modalidades de aforro e crédito ás mulleres.
- Medición da formación de grupos de mulleres e asignación dun integrante do persoal para esta actividade.
- Organización semestral de xuntanzas de revisión e avaliación.
Dereitos das mulleres e das nenas
|
Unha das nenas da rúa que
recibe asistencia de OPRIFS. |
- Contratación dunha asesora para revisar estudios e documentos e presentar as distintas áreas temáticas para a actividade de sensibilización.
- Distribución de materiais impresos promocionais sobre o tema.
- Identificación das mulleres líderes para a sensibilización.
- Creación de redes con ONG de relevancia e institucións gobernamentais que traballen neste campo.
VIH/SIDA
- Contratación de un/ha formador/a en teatro e monicreques para a sensibilización.
- Poñeranse a disposición das beneficiarias os materiais necesarios.
|