IMPLICADAS/OS NO DESENVOLVEMENTO (IND) é unha ONG galega que leva dez anos cambiando o mundo dende Galicia. Na filosofía Implicadas defende:

  • Que a cooperación ao desenvolvemento comeza cambiando as estruturas de explotación entre o Norte e o Sur e entre homes e mulleres.
  • Que o cambio ten que acontecer dende Galicia abrindo vías para que a cidadanía poida participar na presión mundial para o cambio.
  • Que non se pode falar de desenvolvemento cando o 50% da poboación vive en situación de discriminación e por iso traballamos para superar primeiro a discriminación que padecemos as mulleres.

Na acción Implicadas:

  • Traballa na sensibilización da cidadanía, nas accións de presión política, na visibilización da situación das mulleres dos países en vías de desenvolvemento.
  • Abre portas á participación da cidadanía a través do voluntariado e do apoio a campañas internacionais. Implicadas é a única organización galega que forma parte do Cumio do Microcrédito.
  • Pon en marcha proxectos de cooperación baseados na igualdade de xénero e na autosuficiencia das comunidades, traballando man a man coas organizacións civís do Sur ata o momento na India e en Etiopía.

Lembra que podes facer doazóns na nosa conta: CAIXAGALICIA: 2091 0531 81 3040010798


O persoal do proxecto UDP Tiruchy