Obxectivos e métodos

CAL É O OBXECTIVO DE IND?

O obxectivo principal de IND é conseguir un nivel de desenvolvemento que lles permita ás comunidades a autoxestión dos seus recursos.

Con este motivo os programas de IND se levan a cabo sempre respondendo ás necesidades reais que a comunidade coa que se vai traballar expón.

Outro punto fundamental é que en todo momento a comunidade se ten que sentir dona e partícipe do programa non como unha mera receptora pasiva senón como actora principal.

Os proxectos financiados por IND teñen unha duración aproximada de tres anos, nos que a comunidade se vai formando ata que xa non necesita o impulso das traballadoras e traballadores da organización local.


QUE ACONTECE COA MIÑA CONTRIBUCIÓN?

O diñeiro que se recolle das contribucións das/os socias/os envíase ao proxecto co que estas/es colaboran coa excepción dun 5% para gastos administrativos.

Ademais, cada tres meses recibirás información directa do proxecto co que colaboras onde poderás comprobar en que se investiu a túa contribución.

En calquera momento as/os socias/os poden poñerse en contacto con IND para recibir información sobre os investimentos e gastos da organización.