O traballo en Galicia

Un dos principais obxectivos e preocupacións de IND é a sensibilización da sociedade sobre a pobreza, as súas causas e as súas solucións, porque cremos que para conseguir un mundo máis xusto e solidario é primordial cambiar primeiro a mentalidade dos que vivimos nos países máis ricos.

Por iso levamos a cabo distintas actividades de sensibilización en Galicia, para achegar a realidade da India e Etiopía en particular e dos países non desenvolvidos en xeral á sociedade galega.

As nosas actividades son moi variadas:

  • De tipo formativo: cursiños de formación de voluntariado, relatorios, exposicións...
  • De tipo cultural: obras de teatro, concertos, recitais poéticos...
  • De tipo informativo: feiras, congresos, mesas redondas...

Dende aquí convidámoste a que coñezas un pouco mellor as nosas actividades a través desta web e a que te unas a nós en calquera de elas. Todo o mundo é benvido. Se tes interese en que IND dea unha charla, leve algunha exposición ou dea un curso na túa asociación, centro de ensino, etc. non dubides en poñerte en contacto connosco. Será un pracer colaborar!