| O Centro Crisol
No ano 2004, IND decide asociarse coa ONG Amarante, outra ONGD galega coa que compartimos unha visión moi similar do que é e debe ser a cooperación ao desenvolvemento, para fundar en Vigo o Centro Crisol, coa intención de satisfacer a necesidade da meirande cidade galega dun espazo para a solidariedade e o comercio xusto.
Situado no baixo do número 114, portal 2 da Rúa das Camelias, en Vigo, o Centro Crisol ten unha dobre función: é unha tenda de comercio xusto e un centro de recursos sobre solidariedade e desenvolvemento. Nesta última función, o Crisol acolle numerosas actividades como exposicións, relatorios, cine-forum, mesas redondas, recitais de poesía, coloquios e mesmo campañas de degustación de productos de comercio xusto. Ademais ofrece información e recursos (publicacións, folletos, libros, revistas...) gratuítos para o público en xeral.
|