Bótasnos unha man? As nosa exposicións sempre están a percura de novos lugares nos que saír á luz en toda Galicia. Asociacións de veciños, centros de ensino, asociacións culturais, locais de ocio... Temos diversas exposicións sobre temáticas moi diversas:
E moi pronto teremos outras dúas: unha sobre o ciclo formativo Vanakkam (que se desenvolve en parte en Galicia e en parte na India) e outra sobre os dez anos de traballo de Implicadas. Interésache? Xa sabes onde estamos.
Precisamos voluntari@s para manter a páxina web actualizada. O único que fai falta é ter ordenador, acceso a internet e uns coñecementos básicos de HTML. Tamén podes axudar coa traducción dos textos do galego ó castelán e vice versa, se así o prefires. Anímaste?
Por suposto, IND sempre ten os brazos abertos a todas as persoas que queran facerse socias ou voluntarias na nosa organización, pedir información ou facer unha doazón puntual, sexan cartos ou material. Implícate! Tamén precisamos máis socias/os Únete! |